jueves, 28 de noviembre de 2013

Chamorro!

Na época da prehistoria Chamorro era un lugar máxico, sagrado para os habitantes do neolítico que o habitaban, isto o supoñemos debido aos petroglifos que atopanse no lugar. Coa chegada do cristianismo, no século XVI a Iglesia vai cristianizar este lugar inventándose unha lenda do máis absurda posible para dese modo gañar adeptos poñendo a Virxe do Nordés e construíndo unha preciosa ermita.

A lenda conta que no século XVII un pescador da zona de Ferrol estaba faenando, cando sobrevino unha tormenta e o mar embraveceuse. A súa pequena barca pesqueira era moi modesta e non podía afrontar a temporal. O pescador, vendo que non había solución e que íase a afogar, pedíu axuda a Virxe do Nordés. Exclamaba ¡Xa morro!. Sempre según a lenda, a Virxe do Nordés acudíu a os seus gritos e salvou o pescador.










Cando os demais habitantes de Ferrol superon o acontecido, empezaron a chamar a Virxe do Nordés "Virxe de Xa morro" nome que máis tarde derivou en Chamorro. Ademáis, convertiron a dicha Virxe na patrona da cidade de Ferrol, como agradecimento por haber salvado a vida a un dos seus cidadáns. Actualmente a iglesia é coñecida por ambos nomes, pero en Ferrol e todo o seu entorno utílizase moito máis o nome surxido pola lenda


chmorro




Doniños, a orixe.

Conta a lenda que a Virxe Maria camiñaba polo mundo ata que os seus pes foron parar a praia de Valverde. Para a súa sorpresa encontrouse nun lugar onde todalas personas eran paganas, descreídas e crueles. Cando viu a Virxe isto sintiu gran tristeza no seu corazón, buscaba entre as xentes algo de caridad pero entre elas non atopou nin rastro de fe, visto aquilo decidiu partir e continuar o seu camiño.

Comezou a subir unha gran cuesta ata chegar ao alto dun monte, exhausta e sen forzas co seu neno nos brazos viu unha casiña. Decidiu pararse a descansar na porta, a dona a viu e saíu a ofrecerlle a súa hospitalidade dandolle unha taza de leite quente.

A virxe e a muller falaron durante un tempo, dándose conta de que a parexa que vivía nesa casa era a única cristiá daquel lugar, de alí que viviran alonxados do pobo xa que rexeitabanse mutuamente. Pasado un rato a Virxe agradecida a muller pola súa hospitalidade marchou.
Cando o marido chegou da cidade, pareceulle oír a unha muller pedindo auxilio. Decatouse de que era a súa muller, a que a estaban a perseguir varios homes. Él intentou collelos pero escapabanse cara o monte onde os perdeu de vista.

Entonces, facendo un gran esforzo, correu moito maís..cando conseguíu ver a casa, xa de lonxe viu que a súa muller estaba sentada xunto á porta como cando había deixado á Virxe.

Non había rastro dos homes que a perseguían. O marido, en canto chegou ata ela, contoulle a visión que había tido momentos antes. Mentras falaba, os dous escoitaron un tremendo estruendo que procedía de abaixo da colina.

Miraron a cidade e está estaba sumerxinada nas augas.

Hoxe en día neste lugar onde antes había unha cidade agora hai un lago, o de Doniños, onde dicen que no centro hay un pozo que traga a cantos teñen a desgracia de pasar por enriba del.

domingo, 24 de noviembre de 2013

Entroido

Por último quero rematar con unha das mellores festas se cabe a mellor de toda Galicia, o entroido de Verín, a cal fun unhas cantas veces debido a familia que teño en Ourense.
Nesta festa atoparemonos uns tipos chamados Cigarrons que van vestidos cunha máscara e con diversos utensilios para facer moito ruído . O Cigarrón camiña sempre choutando e facendo ruído coas chocas, bateando ca zamarra a quen se lle cruza no seu camiño. Non fala con ninguén e non se quita a máscara nunca. Os zamarrazos que da a xente non deben ser tomados a mal tamén non deben sentirse mal polos insultos que poda levar. Goza de total inmunidade ao ir enmascarado aínda que esta permitido darlle unha "lapada" nas costas para chamar a súa atención.






Nestes días podense facer cousas que non están ven vistas o resto do ano e que ata parecerián de mal gusto, é pois o Entroido, en definitiva, o revés do mundo, a contradción da vida cotiá e a procura do investimento total dos valores. Búscase o equilibriono exceso fronte ao desequilibrio que supón o respeto á penitencia cuaresmal. É en esencia a propia representación do paganismo fronte ao cristianismo.


Stonehenge

Despois de decir que o megalitismo non me chamaba nada a atención parei a pensar e percateime de que si que había unha construcción que realmente chamabame a atención, esta é o Stonehenge, non sei se é pola súa singularidade ou polo misterio que a rodea xa que despois de ver unha reportaxe do lugar fai tempo quedeime intrigado sobre como conseguiron edificalo con pedras que nin sequera atopábanse na zona de onde esta o Stonehenge e porqué o fixeron da moito que pensar.





O triste de este asunto é que se máis dos megalitos de Inglaterra que os que teño alado de casa isto dame que pensar sobre o pouco que os galegos sabemos de nos, quen sabe se en Galicia agochase algunha construcción mística que aínda está sen descubrir.

Con esta entrada crítico o pouco que sabemos de nós xa que o que nos vende mellor sempre é o de fóra porque ninguén se molesta en dar a coñecer o propio de aquí e se o fai ao escoitalo creeremos que é algún tolo que estanos a contar algún tipo de conto.

Aquí deixovos o exemplo da película do Stonehenge :

Megalitismo? Qué é iso?

Nesta entrada quero tratar o que é o megalitismo e que é para min o megalitismo. 

Bueno para faceros unha idea de que é o megalitismo vou tratar de explicalo mediante exemplos que podemos atopar ao longo de toda Galicia.

Megalitismo, periódo da historia que pertence a prehistoria, dase lugar no noroeste da península ibérica e o fenómeno dátase entre o VI antes de Cristo e o 2000 a. C.

Existen varios tipos de edificacións o primerio que temos é a mámoa que a súa función é simplemente funeraria, nestes lugares deixaban os corpos falecidos dos seus familiares xunto con parte das súas pertenzas. Teñen unha estructura circular de pedras tapada por terra. Atopabanse en zonas de media altura para facilitar a visibilidade da zona.


Este é a Mámoa do Rei en Chan de Castiñeiras, atopase no concello de Vilaboa na provincia de Pontevedra.

Logo temos os Dolmens que son un conxunto de pedras facendo unha especie de cámara. 


Este é o dolmen de Dombate que o podemos atopar no concello da Cabana.

Por último temos os menhires, que son pedras de gran envergadura que están fincadas de pé co propósito de guía o delimitación de terreos. 




Lapa de Gargantans, en Moraña.

Bueno feita esta breve introducción vou dar a miña opinión acerca do megalitismo.

Unha cousa que non me gusta moito xa que simplemente son unhas pedras no medio do monte o único interese que lle vexo é por saber onde vivían pero non me parece un tema como para facer turismo penso que hay épocas da historia moitísimo máis interesante como por exemplo a época do imperio romano. Por máis que escoito en clase o interesante e "máxico" que é isto no logro entender o porqué. O dito que penso que esta ben saber de onde vimos pero que non é un tema moi entretido para min.

Qué é Galicia para min?

O típico sería que comezase dicindo a boa gastronomía, o verde e bonito que é todo o da nosa terra pero para min iso xa é unha cousa que practicamente todo galego sabe.

Galicia para min é o que vexo cada día no lugar onde vivo, Ferrol. E o único que vexo é que a pesar de traer grandes plataformas coma o Carrefour, Mediamark, Bricodepot e demais, a "principal" economía que foi de Ferrol, o sector naval, cada vez esta maís en decadencia e mentras tanto os que nos gobernan preocupanse de darnos a nos unha distracción coma son esas zonas de ocio mendiconadas onde gastar os nosos cartos, non se preocupan pola riqueza o polo poder adquisitivo que temos, é dicir, que centran todolos seus esforzos por tapar os desastres da principal fonte de ingresos de Ferrol. 
Fai pouco tivo lugar unha manifestación dos traballadores de Navantia polas promesas non cumpridas entorno os contratos que dixeron que lles ían dar. 

Qué nos atopamos? Que o goberno central promete catro gaseros e ademáis o contrato de Pemex, este último seguindo a vox populi dise que trata de alongar o contrato para poder dese modo botar maís xente a rúa e así contratar man de obra nova moito máis barata evadindo pagar aos traballadores con atiguidade. A onde levaronse os contratos? Cara Xapón e Corea porque ofrecen mellores costes e condicións de traballo, unhas potencias coas que non se pode competir debido a unha competencia  desleal dada polas subencións dos seus gobernos e de empresas privadas para dese modo abaratar os costes da producción dos barcos pero conseguindo o contrato. Contra isto é imposible competir sen axuda do goberno e ás subvencións europeas.

Esto para min é o que representa Galicia, mostrase unha situación un tanto decadente que parece, dende o meu punto de vista, que non vai cara mellor xa que,o que realmente necesitase (traballo) non parece estar nas prioridades dos gobernantes.




Imaxe na que vemos os manifestantes que fai catro días saíron ás rúas coa intención de ser escoitados pero é de esperar que non atopen axuda algunha. 

Espero que a nósa xeración consiga cambiar a situación e darlle volta as tornas e conseguir contratos devolvendolle a vida a Ferrol.