jueves, 28 de noviembre de 2013

Chamorro!

Na época da prehistoria Chamorro era un lugar máxico, sagrado para os habitantes do neolítico que o habitaban, isto o supoñemos debido aos petroglifos que atopanse no lugar. Coa chegada do cristianismo, no século XVI a Iglesia vai cristianizar este lugar inventándose unha lenda do máis absurda posible para dese modo gañar adeptos poñendo a Virxe do Nordés e construíndo unha preciosa ermita.

A lenda conta que no século XVII un pescador da zona de Ferrol estaba faenando, cando sobrevino unha tormenta e o mar embraveceuse. A súa pequena barca pesqueira era moi modesta e non podía afrontar a temporal. O pescador, vendo que non había solución e que íase a afogar, pedíu axuda a Virxe do Nordés. Exclamaba ¡Xa morro!. Sempre según a lenda, a Virxe do Nordés acudíu a os seus gritos e salvou o pescador.










Cando os demais habitantes de Ferrol superon o acontecido, empezaron a chamar a Virxe do Nordés "Virxe de Xa morro" nome que máis tarde derivou en Chamorro. Ademáis, convertiron a dicha Virxe na patrona da cidade de Ferrol, como agradecimento por haber salvado a vida a un dos seus cidadáns. Actualmente a iglesia é coñecida por ambos nomes, pero en Ferrol e todo o seu entorno utílizase moito máis o nome surxido pola lenda


chmorro




No hay comentarios:

Publicar un comentario