O típico sería que comezase dicindo a boa gastronomía, o verde e bonito que é todo o da nosa terra pero para min iso xa é unha cousa que practicamente todo galego sabe.
Galicia para min é o que vexo cada día no lugar onde vivo, Ferrol. E o único que vexo é que a pesar de traer grandes plataformas coma o Carrefour, Mediamark, Bricodepot e demais, a "principal" economía que foi de Ferrol, o sector naval, cada vez esta maís en decadencia e mentras tanto os que nos gobernan preocupanse de darnos a nos unha distracción coma son esas zonas de ocio mendiconadas onde gastar os nosos cartos, non se preocupan pola riqueza o polo poder adquisitivo que temos, é dicir, que centran todolos seus esforzos por tapar os desastres da principal fonte de ingresos de Ferrol.
Fai pouco tivo lugar unha manifestación dos traballadores de Navantia polas promesas non cumpridas entorno os contratos que dixeron que lles ían dar.
Qué nos atopamos? Que o goberno central promete catro gaseros e ademáis o contrato de Pemex, este último seguindo a vox populi dise que trata de alongar o contrato para poder dese modo botar maís xente a rúa e así contratar man de obra nova moito máis barata evadindo pagar aos traballadores con atiguidade. A onde levaronse os contratos? Cara Xapón e Corea porque ofrecen mellores costes e condicións de traballo, unhas potencias coas que non se pode competir debido a unha competencia desleal dada polas subencións dos seus gobernos e de empresas privadas para dese modo abaratar os costes da producción dos barcos pero conseguindo o contrato. Contra isto é imposible competir sen axuda do goberno e ás subvencións europeas.
Esto para min é o que representa Galicia, mostrase unha situación un tanto decadente que parece, dende o meu punto de vista, que non vai cara mellor xa que,o que realmente necesitase (traballo) non parece estar nas prioridades dos gobernantes.
Imaxe na que vemos os manifestantes que fai catro días saíron ás rúas coa intención de ser escoitados pero é de esperar que non atopen axuda algunha.
Espero que a nósa xeración consiga cambiar a situación e darlle volta as tornas e conseguir contratos devolvendolle a vida a Ferrol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario