domingo, 24 de noviembre de 2013

Entroido

Por último quero rematar con unha das mellores festas se cabe a mellor de toda Galicia, o entroido de Verín, a cal fun unhas cantas veces debido a familia que teño en Ourense.
Nesta festa atoparemonos uns tipos chamados Cigarrons que van vestidos cunha máscara e con diversos utensilios para facer moito ruído . O Cigarrón camiña sempre choutando e facendo ruído coas chocas, bateando ca zamarra a quen se lle cruza no seu camiño. Non fala con ninguén e non se quita a máscara nunca. Os zamarrazos que da a xente non deben ser tomados a mal tamén non deben sentirse mal polos insultos que poda levar. Goza de total inmunidade ao ir enmascarado aínda que esta permitido darlle unha "lapada" nas costas para chamar a súa atención.






Nestes días podense facer cousas que non están ven vistas o resto do ano e que ata parecerián de mal gusto, é pois o Entroido, en definitiva, o revés do mundo, a contradción da vida cotiá e a procura do investimento total dos valores. Búscase o equilibriono exceso fronte ao desequilibrio que supón o respeto á penitencia cuaresmal. É en esencia a propia representación do paganismo fronte ao cristianismo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario